=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Non se prevé ningunha alteración significativa da metodoloxía, contidos, bibliografía ou mecanismos de atención ao alumnado.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* As presentacións ou exposicións realizaranse on-line, mediante ferramentas telemáticas.
* As prácticas a desenvolver durante a fase presencial realizaranse tamén de modo on-line, mediante ferramentas telemáticas.
* Así mesmo, a proba escrita de avaliación substituirase por un cuestionario, empregando para iso as ferramentas ofrecidas polo Campus Virtual Corporativo. |