Se denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como: MED_CON = 0.1*AE1 + 0.1*AE2+ 0.1*AE3 + 0.1*AE4 + 0.1*AV + 0.2*T + 0.3*PE Será necesario sacar unha calificación non inferior ao 50% para superar a materia. En caso de avaliación en convocatoria extraordinaria o alumno terá a opción de volver realizar (total ou parcialmente) as seguintes actividades de avaliación: - Actividades de autoavaliación (test)
- Avaliación de entregables (prácticas)
- Presentacións e/ou exposicións
- Proba escrita
Mentres que a participación en foros incluirase dentro das actividades de autoavaliación Aquelas actividades que o alumno decida repetir re-avaliaranse, perdendo a nota da convocatoria anterior. A proba escrita realizarase on-line. COMPROMISO ÉTICO: Espérase que o alumnado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado da Universidade de Vigo, o emprego de procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a calificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a calificación global tivese a proba en cuestión e sen perxuicio das posibles consecuencias de índole disciplinaria que puidesen producirse . No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español. |