A arquitectura é a estrutura fundamental sobre a que se asintan os sistemas software. A arquitectura dun sistema software está formada polos seus elementos fundamentais, as propiedades visibles dos mesmos e as relacións que existen entre eles.
Dentro das arquitecturas software empresariais destacan, entre outros, conceptos como as arquitecturas orientadas a servizos (SOA), os servizos web ou a xestión de procesos de negocio BPM (Business Proccess Management), como solución aos problemas de integración en sistemas cada vez máis heteroxéneos e de carácter distribuído.
Nesta materia estudaranse devanditos conceptos e a súa aplicación en contornas empresariais sendo o alumno capaz de tomar decisións estratéxicas que integren os mesmos.