Resolución de problemas de forma autónoma |
Realización de actividades puntuais de carácter non presencial na aula virtual. Periodicamente durante o curso exporanse tarefas, resolución de exercicios, preguntas e tests autoavaliables na aula virtual que deben ser realizadas polos estudantes de forma individual, autónomo e non presencial, sempre cunha data límite. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. |
Estudo previo |
Procura, lectura, traballo de documentación e/ou realización de forma autónoma de calquera outra actividade que o alumno/a considere necesaria para permitirlle a adquisición de coñecementos e habilidades relacionadas coa materia. Adóitase levar a cabo con anterioridade ás clases, prácticas de laboratorio e/ou probas de avaliación. |