=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
- Cambios en metodoloxías e actividades docentes: a docencia presencial (sesións prácticas, seminarios, etc.) impartiríase na modalidade on-line mediante as ferramentas telemáticas dispoñibles para iso. Fomentarase o traballo autónomo do alumno para suplir a presencialidade das aulas.
- Mecanismo non presencial de atención ao alumnado: as titorías concertaríanse mediante o correo electrónico entre profesor e alumno.
- Os contidos que se impartirían non sufrirían modificacións.
- No caso de que fose necesario, forneceríase bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe.
ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN:
- As actividades participativas non sufrirían cambios xa que se realizarían on-line.
- A avaliación de entregables non sufriría ningunha modificación, manténdose exactamente igual.
- As presentacións de traballos na aula adaptaríanse a presentacións virtuais on-line.
- A realización da proba escrita presencial sería substituída por un exame a través da aula virtual da materia. |