Guia docente 2024_25
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Enxeñaría de sistemas e xestión de proxectos TIC
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun tema relacionado cos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. Realizarase unha presentación (P) que será avaliada durante a fase presencial: a actividade P abarcará os temas 2, 4 e 6 da asignatura. A través da presentación pódense avaliar coñecementos, habilidades e actitudes. 20 A9
A10
B4
C4
D4
D5
Foros de discusión Actividade desenvolvida nunha contorna virtual na que se debate sobre temas diversos e de actualidade relacionados co ámbito académico e/ou profesional. Permite avaliar as habilidades, os coñecementos e, en menor medida, as actitudes do alumno/a. Realizarase unha actividade de discusión ou debate (D) nun entorno virtual que será avaliada durante a fase a distancia: a actividade D abarcará tódolos temas da asignatura. 10 A8
B5
C4
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba que avalía o coñecemento e que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro ou falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos/as seleccionan unha resposta de entre un número limitado de posibilidades.
Realizarase dúas probas escritas (PE1 e PE2) ao final da fase a distancia e ao final da fase presencial, na que se avaliarán tódolos temas e contidos da asignatura (incluíndo os contidos da fase a distancia e da presencial respectivamente).
60 A6
B2
C4
D4
D5
Traballo Texto ou documento elaborado sobre un tema que debe redactarse seguindo unhas normas establecidas de estilo e lonxitude. Permite avaliar as habilidades, os coñecementos e, en menor medida, as actitudes do alumno/a.

Realizarse un traballo (T) que será avaliado durante a fase a distancia: a actividade T abarca os temas 3, 4 e 6 da asignatura.
10 A9
A10
B4
C4
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como:

MED_CON = 0.2*P + 0.1* D + 0.1*T + 0.3*PE1 +0.3*PE2

Será
necesario obter polo menos o 50% da calificación para superar a
materia.

No caso
de non superar a materia na convocatoria ordinaria, habería unha
segunda oportunidade para superala na convocatoria extraordinaria, que se realizaría en modalidade a distancia nas datas establecidas para ese efecto pola
Comisión Académica de Máster. O proceso de avaliación nesta segunda
convocatoria levaríase a cabo mediante unha única proba escrita polo 100%
da cualificación, sendo necesario obter polo menos o 50% da calificación
para superar a materia.

INTEGRIDADE ACADÉMICA: 

Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigoa utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.

No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000