A materia de Enxeñaría de sistemas e xestión de proxectos TIC ten dúas vertentes. A primeira centrada na enxeñaría de sistemas e outra centrada na xestión de proxectos, relacionándose entre si posto que o desenvolvemento ou modificación dun sistema novo ou xa existente constitúe un proxecto en si mesmo. Desenvolveranse en ambas as partes unha introdución teórica e a análise de casos prácticos.