Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se modifican ou adaptan
- Resolución de problemas: Mantense, pero en caso necesario realizaríanse por medios telemáticos (videoconferencia); potenciándose, en maior medida, a participación do profesor en relación ao traballo autónomo do alumno.
- Sesións prácticas: Mantense, pero en caso necesario realizaríanse por medios telemáticos (videoconferencia); potenciándose, en maior medida, a participación do profesor en relación ao traballo autónomo do alumno.
- Presentación de traballos en aula: Mantense, pero en caso necesario realizaríanse por medios telemáticos (videoconferencia)
- Seminario: Mantense, pero en caso necesario realizaríanse por medios telemáticos (videoconferencia)
O resto das metodoloxías mantéñense sen cambios
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): desenvolveranse usando os mesmos medios telemáticos empregados na fase a distancia (por exemplo: correo electrónico, foros de consulta, titorías virtuais por videoconferencia, etc.)
* Modificacións dos contidos a impartir: non proceden.
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe: non se considera necesario incluír bibliografía adicional.
* Outras modificacións: non se consideran necesarias.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Participación en foros de discusión: Mantense sen cambios
* Actividades de autoavaluación: Mantense sen cambios
* Avaliación de entregables (prácticas, proxecto): Mantense, pero en caso necesario realizaríase por medios telemáticos (aula virtual)
* Presentacións e/ou exposicións: Mantense, pero en caso necesario realizaríase por medios telemáticos (videoconferencia)
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000