A materia de Fundamentos de Topografía, de seis ECTS, inscríbese no plan de estudos do grao en Enxeñaría Mecánica como unha materia que se imparte no quinto curso, e cuxa carga docente queda dividida nunha parte teórica e noutra práctica. A parte de teoría compona un total de sete temas. Na parte práctica amplíanse e complementan cuestións concretas sobre os contidos vistos nesta parte teórica. En función dos condicionantes e obxectivos que afectan á materia de Fundamentos de Topografía, proponse dividir a materia en dous bloques. Estas unidades abarcan todos os temas propostos no descriptor do plan de estudos, e son:
- Bloque I: Topografía. Composto por catro temas, nos cales se desenvolven os aspectos básicos sobre topografía, elaboración de planos e a súa aplicación ás obras en terra.
- Bloque II: Outras técnicas xeomáticas. Composto por tres temas, no cal se tratan outras técnicas de apoio ao recoñecemento e representación do terreo.