Para cursar esta materia recoméndase aprobar as probas das materias de Lingua Inglesa da E.N.M. Os coñecementos e destrezas que se adquiren ao ser cursada permitirán desenvolver con garantías competencias de materias posteriores, posto que, a final de curso, espérase que os estudantes estean en disposición de adquirir un nivel de competencia B1+, de acordo ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER). Deste xeito, para que se poida cursar con éxito a materia é recomendable que os estudantes posúan:
-capacidade de comprensión escrita e oral ben desenvolvida,
-capacidade de expresión escrita e oral ben desenvolvida,
-capacidade de abstracción e síntese da información,
-destrezas para o traballo en grupo e para a comunicación grupal. |