EXPRESIÓN ORAL EN XERAL
Realizar, con fluidez razoable, unha descrición sinxela de varios temas de interese, presentándoos como unha secuencia lineal de elementos.
MONÓLOGO SOSTIDO: DESCRIÇÃO DE EXPERIENCIAS
Realizar descricións sinxelas sobre varios asuntos habituais dentro da súa especialidade.
MONÓLOGO SOSTIDO: ARGUMENTACIÓN
Desenvolver argumentos abondo bos para seren comprendidos sen dificultade a maior parte do tempo.
FALAR EN PÚBLICO
Ser capaz de facer unha presentación breve e preparada sobre un tema dentro da súa especialidade, con suficiente claridade para ser seguida sen dificultade a maior parte do tempo, e cuxas ideas principais están explicadas con razoable precisión. Ser capaz de responder preguntas complementarias, pero pode ser necesario pedir que se repitan se se fala rapidamente.
INTERACCIÓN ORAL EN XERAL
Comunicar con certa seguridade, tanto en asuntos habituais como nos non habituais, relacionados cos seus intereses persoais e a súa especialidade. Intercambiar, comprobar e confirmar información, enfrontarse a situacións menos comúns e explicar a razón dun problema. Ser capaz de expresarse sobre temas máis abstractos e culturais. |
|
B10
|
C34
|
D4 D5 D7 D8 D9 D15 D17 D18
|
EXPRESIÓN ESCRITA EN XERAL
Escribir textos sinxelos e cohesionados sobre unha serie de temas cotiáns dentro do seu campo de interese, ligando distintos elementos breves nunha secuencia lineal.
INFORMES E REDACIÓNS
Escribir redaccións curtas e sinxelas sobre temas de interese. Resumir, comunicar e ofrecer a súa opinión con certa seguridade sobre feitos concretos relacionados con asuntos cotiáns, habituais ou non, propios da súa especialidade. |
|
B10
|
C34
|
D4 D5 D7 D8 D9 D15 D17 D18
|
COMPRENSIÓN AUDITIVA EN XERAL
Comprender información concreta relacionada con temas cotiáns ou o traballo, identificando tanto a mensaxe xeral como os detalles específicos sempre que o discurso estea articulado con claridade e cun acento normal.
COMPRENDER CONVERSAS ENTRE FALANTES NATIVOS
Seguir xeralmente as ideas principais dun debate longo que ocorre ao seu redor, sempre que o discurso estea articulado con claridade nun nivel de lingua estándar.
ESCOITAR CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS
Comprender unha conferencia ou unha charla sobre a súa especialidade, sempre que o tema lle sexa familiar e a presentación sexa sinxela e esté estruturada con claridade.
ESCOITAR AVISOS E INSTRUCIÓNS
Comprender información técnica sinxela, como instrucións de funcionamento de aparatos de uso frecuente.
ESCOITAR RETRANSMISIÓNS E MATERIAL GRAVADO
Comprender o contido da información da maior parte do material gravado ou retransmitido relacionado con temas de interese persoal, cunha pronunciación clara e estándar. |
|
B10
|
C34
|
D4 D5 D7 D8 D9 D15 D17 D18
|
COMPRENSIÓN DE LECTURA EN XERAL
Ler textos sinxelos sobre feitos concretos que tratan sobre temas relacion
LER PARA ORIENTARSE
Ser capaz de consultar textos extensos co fin de atopar a información desexada e saber recoller información das distintas partes dun texto ou de diferentes textos co fin de realizar unha tarefa específica.
LER INSTRUCIÓNS
Comprender instrucións sinxelas escritas con claridade sobre un aparato. |
|
B10
|
C34
|
D4 D5 D7 D8 D9 D15 D17 D18
|