Prácticas de laboratorio |
Nas clases prácticas aplicaranse os conceptos desenvolvidos en cada tema á realización de prácticas de laboratorio. Deseñáronse unha serie de prácticas (PL1 a PL6) acorde co desenvolvemento da materia de teoría co fin de fixar conceptos explicados nesa clase.
Metodoloxías integradas
- Aprendizaxe baseada en proxectos. A última sesión de prácticas (PL7: Traballo tutelado) dedicarase ao seguimento dos traballos expostos aos diversos grupos nos que se divide o alumnado. Proporcionarase material e bibliografía, aínda que se pretende fomentar a capacidade de procura de información, capacidade de síntese, etc. |