Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Contidos
Tema Subtema
UD I. INTRODUCIÓN I.1. Conceptos fundamentais. Concepto de fluído
I.2. O fluído como medio continuo
I.3. Características dos fluídos
I.4. Propiedades termodinámicas dun fluído. Fluídos newtonianos e non newtonianos
I.5. Viscosidade e outras propiedades secundarias
UD II. FLUIDOESTÁTICA II.1. Presión e gradiente de presión
II.2. Equilibrio dunha partícula fluída
II.3. Distribución de presións en hidrostática
II.4. Forzas hidrostáticas sobre superficies planas
II.5. Forzas hidrostáticas sobre superficies curvas
II.6. Flotación e estabilidade
II.7. Distribución de presións en movemento como sólido ríxido
II.8. Medidores de presión
UD III. FUNDAMENTOS DO MOVEMENTO DE FLUÍDOS III.1. Propiedades do campo de velocidade. Método Euleriano e Lagranxiano
III.2. Patróns de fluxo: liñas de corrente, sendas e liñas de traza
III.3. Clases de fluxos
III.3.1. Segundo condicións cinemáticas
III.3.2. Segundo condicións xeométricas
III.3.3. Segundo condicións mecánicas de contorno
III.3.4. Segundo condicións do movemento interno
III.3.5. Segundo forma de reaccionar ante obstáculos
III.4. Sistemas e volume de control
III.5. Integrais estendidas a volumes fluídos
III.5.1. Teorema do transporte de Reynolds
UD IV. RELACIÓNS INTEGRAIS PARA UN VOLUME DE CONTROL IV.1. Conservación da masa
IV.2. Conservación da cantidade de movemento
IV.3. Teorema do momento cinético
IV.4. Ecuación da enerxía
IV.5. Fluxo sen fricción: a ecuación de Bernoulli
UD V. RELACIÓNS DIFERENCIAIS PARA UNHA PARTÍCULA FLUÍDA V.1. O campo de aceleracións dun fluído
V.2. Ecuación diferencial de conservación da masa
V.3. Ecuación da cantidade de movemento en forma diferencial
V.4. Ecuación diferencial do momento cinético
V.5. Ecuación diferencial da enerxía
V.6. Condicións de contorno para as ecuacións básicas
V.7. A función de corrente
V.8. Vorticidade e irrotacionalidade
V.9. Fluxos irrotacionales non viscosos
UD VI. ANÁLISE DIMENSIONAL E SEMELLANZA VI.1. Parámetros adimensionais
VI.2. Natureza da análise dimensional
VI.3. Teorema Pi de Buckinghan. Aplicacións
VI.4. Grupos adimensionais de importancia na Mecánica de Fluídos
VI.4.1. Significado físico dos números adimensionais
VI.5. Semellanza
VI.5.1. Semellanza parcial
VI.5.2. Efecto de escala
VI.6. Medidores en fluídos
UD VII. MOVEMENTO LAMINAR CON VISCOSIDADE DOMINANTE VII.1. Introdución
VII.2. Movemento laminar permanente
VII.2.1. Correntes de Hagen-Poiseuille
VII.2.2. En condutos de sección circular
VII.2.3. Outras seccións
VII.3. Efecto de lonxitude finita do tubo
VII.4. Perda de carga
VII.4.1. Coeficiente de fricción
VII.5. Estabilidade de corrente laminar.
UD VIII. MOVEMENTO TURBULENTO VIII.1 Réximes en función do número de Reynolds
VIII.2 Modelización da turbulencia
VIII.3 Fluxos internos e fluxos externos
VIII.4 Perda de carga en fluxos turbulentos en condutos.
VIII.4.1. Diagrama de Nikuradse
VIII.4.2. Diagrama de Moody
VIII.5 Noción de capa límite
VIII.6 Fórmulas empíricas para fluxo en tubaxes
UD IX. INTRODUCCION Á CAPA LÍMITE IX.1 Noción da capa límite
IX.2 Ecuacións da capa límite bidimensional incompresible
IX.3 Espesor da capa límite
UD X. MOVEMENTOS DE LIQUIDOS EN CONDUTOS DE SECCION VARIABLE X.1. Introdución
X.2. Perdas locais
X.2.1. Perda á entrada dun tubo
X.2.2. Perda nun tubo á saída
X.2.3. Perda por contracción
X.2.4. Perda por ensanche
X.2.5. Perda en cóbados
X.3. Tubaxes ramificadas
X.4. Tubaxes en serie
X.5. Tubaxes en paralelo
X.6. Redes de tubaxes
PRÁCTICAS DE LABORATORIO Práctica PL1. Principio de Arquímedes [2h]
Obxectivos: Determinar o empuxe que sofren os corpos mergullados en líquidos. Equipo de prácticas: 1250.1683 Principio de Arquímedes (Didaciencia).

Práctica PL2. Medición da presión hidrostática [2h]
Obxectivos: Medición da presión hidrostática cun manómetro en U. Equipo de prácticas: 1250.1676 Manómetro en U con escala (Didaciencia).

Práctica PL3. Ecuación de Bernoulli [2h]
Obxectivos: Estudo da presión en tubaxe con treitos de diámetro variable e constante pola que flúe líquido. Os tubos verticais indican a presión estática. Equipo de prácticas: 1250.1689 Principio de Bernoulli (Didaciencia).

Práctica PL4 Análise dimensional e semellanza [2h]
Obxectivos: Aplicar a aprendizaxe recibida nas sesións teóricas de análise dimensional a un problema práctico característico de Mecánica de Fluídos, en concreto á forza de arrastre dunha esfera. Equipo de prácticas: GUNT HM 135.

Práctica PL5 Medidores de caudal [2h]
Obxectivos: Medir con caudalímetros de presión diferencial (Venturi, tobera e orificio calibrado) e rotámetro o caudal que circula pola tubaxe dunha instalación. Medir a velocidade no interior dunha tubaxe cun tubo de Pitot-Prandtl. Equipo de prácticas: GUNT HM 150.13.

Práctica PL6. Demostración de perdas en tubaxes e conectores [2h]
Obxectivos: Estudo das perdas de presión en tubaxes e accesorios. Determinación experimental dos factores de fricción e constantes de perdas en elementos singulares. Equipo de prácticas GUNT HM 150.11.

Práctica PL7. Traballo tutelado [2h]
Obxectivos: A partir de problemas expostos polos propios alumnos, seguindo as directrices establecidas polo profesor, os alumnos divididos en grupos deberán realizar un traballo baseado nun modelo preestablecido baseada no Traballo Fin de Grao. Preténdese que se familiaricen co estrutura tipo dun artigo científico, o traballo con formatos, referencias, índices, etc., así como a distribución de tarefas, traballo en equipo, etc.

As prácticas de laboratorio ou de aula de informática programadas poderán variar en contidos e en orde dependendo do material dispoñible para a súa realización, así como das necesidades organizativas do curso académico.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000