O obxectivo principal da materia será dotar ao alumnado do coñecemento dos principios da Teoría de Máquinas e Mecanismos, competencia recollida da Orde Ministerial CIN/351/2009 que establece os requisitos para a verificación dos graos que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial. Así, esta materia sentará as bases para o desenvolvemento de materias de cursos posteriores do módulo de Tecnoloxía Específica Mecánica.