O exame ordinario basearase na avaliación da aprendizaxe baseada en problemas das partes do Bloque I: Teoría de Circuítos (corrente continua, corrente alterna e corrente trifásica) e o Bloque II: Máquinas Eléctricas. A parte de prácticas tamén será avaliada cunha proba que inclúe cuestións tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e desenvolvemento de casos prácticos relacionados coas prácticas realizadas.
O exame ordinario conterá unha parte teórica e unha parte práctica. O alumno superará a materia cando a Nota do Exame Ordinario (NEO) sexa maior ou igual a 5.0 puntos sobre 10, sendo ademais necesario superar os mínimos establecidos na seguinte táboa:
Nota Mínima |
Teoría (T) 80% | Bloque I | 40% |
Bloque II | 40% |
Prácticas (P) 20% | Bloque I+II | 40% |
Unha vez superados os mínimos de cada unha das partes, a Nota do Exame Ordinario (NEO) calcularase como:
NEO = 0,8·T + 0,2·P
No caso de que os mínimos non se superen, a nota do exame ordinario calcularase como:
NEO = min {4.0, NEO}
Finalmente, a correspondente Nota de Primeira Convocatoria (NPC) calcularase a partir da Nota do Exame Ordinario (NEO) e a Nota do exame de Avaliación Continua (NEC) como:
NPC = max {NEC, NEO}
Plan de recuperación da cualificación final en Segunda Convocatoria
Os alumnos que non superen a materia durante a primeira convocatoria teñen dereito novamente a un segundo exame, denominado Extraordinario ou de Segunda Convocatoria, nas datas fixadas polo centro. Enténdese que a nota obtida no exame substitúe, en caso de ser superior, á obtida no exame ordinario ou de primeira convocatoria.
Este exame conterá unha parte práctica, ademais da parte teórica. O sistema de avaliación rexerase polos mesmos baremos e ponderacions que os establecidos para o exame ordinario, polo que o alumno superará a materia cando, a Nota do Exame Extraordinario (NEE) sexa maior ou igual a 5.0 puntos sobre 10, sendo ademais necesario superar os mínimos establecidos na táboa anterior.
Unha vez superados os mínimos de cada unha das partes, a Nota do Exame Extraordinario (NEE) calcularase como:
NEE = 0,8·T 0,2·P
No caso de que os mínimos non se superen, a nota do exame extraordinario calcularase como:
NEE = min {4.0, NEE}
Plan de mellora da cualificación final
Todos e cada un dos alumnos poden acceder a un plan para mellorar a súa cualificación final.
O plan de mellora consiste no dereito a realizar un novo exame, coincidente co exame ordinario ou de primeira convocatoria, nas datas fixadas polo centro, cuxa cualificación substituirá á obtida previamente, a condición de que esta sexa maior que a xa obtida, e computará para todos os efectos como única referencia no cálculo da nota final.
Enténdese que a nota obtida no exame, en caso de ser superior á obtida mediante a avaliación continua da materia ao longo do cuadrimestre, substitúe á agregación das notas das probas parciais de avaliación continua, as notas de prácticas, as notas dos cuestionarios curtos e o exame final da materia.
Integridade académica
Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.
Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.