A materia Resistencia de Materiais constitúe o estudo do comportamento dos materiais reais en relación coas súas características de resistencia, rixidez e estabilidade. Esta disciplina require da base conceptual necesaria para a súa correcta comprensión. É por iso polo que para cursar con éxito esta materia o alumno debe ter:
- Coñecementos de cinemática, dinámica e estática adquiridos na materia Física I do primeiro curso do grao de Enxeñería Mecánica (recoméndase o seu repaso)
- Capacidade de comprensión escrita e oral
- Capacidade de abstracción, cálculo básico e síntese da información |