Guia docente 2024_25
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Resistencia de materiais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Sesións maxistrais participativas. Nestas sesións, explicaranse detalladamente os contidos teóricos básicos do programa, expondo exemplos aclaratorios cos que profundar na comprensión da materia.
Utilizaranse presentacións informáticas e a pizarra, sobre todo para transmitir información como definicións, gráficos, algoritmos, etc. Na medida do posible, proporcionarase copia das transparencias aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos. De todos os xeitos, as reproducións en papel das transparencias nunca deben ser consideradas como substitutos dos textos ou apuntamentos, senón como material complementario.

Resolución de problemas e/ou exercicios. Empregarase algunha sesión para formular problemas e/ou exercicios relacionados coa materia que os alumnos deben resolver dirixidos polo profesor. Os problemas e/ou exercicios tratarán de expor situacións reais que involucren outras disciplinas da enxeñaría como, por exemplo, a tracción/propulsión, procesos industriais, produción e fabricación, etc. Desta forma, os alumnos terán unha visión máis transversal da materia e verán como esta pode axudar a resolver problemas doutras disciplinas.
Prácticas de laboratorio Pequenas sesións maxistrais participativas. De cara á correcta resolución das prácticas, en ocasións farase necesaria unha breve exposición de forma previa á mesma, na que se explicará en que consiste a práctica, e o correcto manexo do equipamento do laboratorio.

Prácticas de laboratorio tuteladas. As prácticas do laboratorio realizaranse en grupos de 2-4 alumnos. Estes grupos deberán realizar de forma autónoma unha serie de ensaios que serán supervisados polo docente correspondente. A resolución da práctica esixirá a contribución de cada un dos integrantes do grupo, garantindo así a interdependencia positiva que se require para o éxito do traballo colaborativo.
Resolución de problemas Resolución de problemas e/ou exercicios. Levarase a cabo a resolución activa de problemas en equipo, fomentando a participación, para así complementar e consolidar os contidos das clases de aula.
Aprendizaxe baseado en proxectos Aprendizaxe baseada en proxectos. A medida que avance a materia, proporase un proxecto a realizar en grupo (preferiblemente de dúas persoas) e cuxa duración será de varias semanas. Utilizaremos a metodoloxía docente de aprendizaxe baseada en proxectos. A solución do proxecto esixirá a contribución do coñecemento adquirido por cada membro do grupo, garantindo así a interdependencia positiva que se require para o éxito do traballo colaborativo. Por outra banda, o proxecto será avaliado de xeito que se garanta a esixibilidade individual e a interdependencia positiva, isto é, todos os membros do grupo deben ter traballado e contribuído ao produto final e deben dominar, minimamente, todos os aspectos do proxecto. Proporcionarase sempre material e bibliografía, e existirá a posibilidade dunha exposición pública do proxecto realizado.
Seminario Curso intensivo de 15 horas para aqueles alumnos que suspenderon a materia en primeira convocatoria, previo ao exame en segunda convocatoria. Tutorías grupais co profesor.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000