Lección maxistral |
Sesións maxistrais participativas. Nestas sesións, explicaranse detalladamente os contidos teóricos básicos do programa, expondo exemplos aclaratorios cos que profundar na comprensión da materia.
Utilizaranse presentacións informáticas e a pizarra, sobre todo para transmitir información como definicións, gráficos, algoritmos, etc. Na medida do posible, proporcionarase copia das transparencias aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos. De todos os xeitos, as reproducións en papel das transparencias nunca deben ser consideradas como substitutos dos textos ou apuntamentos, senón como material complementario.
Resolución de problemas e/ou exercicios. Empregarase algunha sesión para formular problemas e/ou exercicios relacionados coa materia que os alumnos deben resolver dirixidos polo profesor. Os problemas e/ou exercicios tratarán de expor situacións reais que involucren outras disciplinas da enxeñaría como, por exemplo, a tracción/propulsión, procesos industriais, produción e fabricación, etc. Desta forma, os alumnos terán unha visión máis transversal da materia e verán como esta pode axudar a resolver problemas doutras disciplinas. |
Prácticas de laboratorio |
Pequenas sesións maxistrais participativas. De cara á correcta resolución das prácticas, en ocasións farase necesaria unha breve exposición de forma previa á mesma, na que se explicará en que consiste a práctica, e o correcto manexo do equipamento do laboratorio.
Prácticas de laboratorio tuteladas. As prácticas do laboratorio realizaranse en grupos de 2-4 alumnos. Estes grupos deberán realizar de forma autónoma unha serie de ensaios que serán supervisados polo docente correspondente. A resolución da práctica esixirá a contribución de cada un dos integrantes do grupo, garantindo así a interdependencia positiva que se require para o éxito do traballo colaborativo. |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Aprendizaxe baseada en proxectos. A medida que avance a materia, proporase un proxecto a realizar en grupo (preferiblemente de dúas persoas) e cuxa duración será de varias semanas. Utilizaremos a metodoloxía docente de aprendizaxe baseada en proxectos. A solución do proxecto esixirá a contribución do coñecemento adquirido por cada membro do grupo, garantindo así a interdependencia positiva que se require para o éxito do traballo colaborativo. Por outra banda, o proxecto será avaliado de xeito que se garanta a esixibilidade individual e a interdependencia positiva, isto é, todos os membros do grupo deben ter traballado e contribuído ao produto final e deben dominar, minimamente, todos os aspectos do proxecto. Proporcionarase sempre material e bibliografía, e existirá a posibilidade dunha exposición pública do proxecto realizado. |