Prácticas de laboratorio |
Nas clases prácticas aplicaranse os conceptos desenvolvidos en cada tema á resolución de problemas. Deseñáronse unha serie de prácticas acordes co desenvolvemento da teoría co fin de fixar conceptos explicados nesas clases e que así o alumno vaia desenvolvendo a súa habilidade para expor solucións técnicas, e a súa creatividade. |
Seminario |
Curso intensivo de 15 horas para aqueles alumnos que suspenderon a materia en primeira
convocatoria, previo ao exame en segunda convocatoria. O profesorado repasará brevemente conceptos teóricos relativos aos contidos dos que se compón a presente materia e proporá a resolución de problemas, tutelando de forma individualizada o traballo de cada estudante. Os métodos didácticos adoptados baséanse maioritariamente na participación activa do alumno/a. |