Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II e ecuacións diferenciais
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas O profesorado da materia atenderá persoalmente as dúbidas e consultas do alumnado, tanto de forma presencial, segundo o horario que se publicará na páxina web do centro, como a través de medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de Moovi, etc.) baixo a modalidade de cita previa. Nas sesións destinadas á resolución de exercicios e problemas, o profesorado atenderá de forma personalizada as dúbidas expostas polo alumnado.
Prácticas con apoio das TIC Nas sesións destinadas á realización de prácticas de informática, o profesorado atenderá de forma personalizada as dúbidas expostas polos/as alumnos/as.
Traballo tutelado Nas tutorías en grupo, o profesorado atenderá de forma personalizada as dúbidas do alumnado, expondo exercicios complementarios ou outra clase de actividades que redunden no mellor aproveitamento das clases do alumnado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000