Esta materia enmárcase dentro do módulo de Formación Básica, e nela preténdese dar ao alumnado unha visión global do mundo dos computadores. A materia está enfocada a que o alumno aprenda como funciona un computador por dentro, tanto a nivel hardware coma software, así como a deseñar programas empregando unha linguaxe de alto nivel. Familiarizarase tamén cos sistemas de xestión de bases de datos.
Proponse un curso de informática e programación conceptual suficientemente xeneralista, orientado a proporcionar ao alumnado unha perspectiva de deseñador e programador de pequenas aplicacións. Aínda que a materia non está orientada ao estudo dun sistema operativo ou unha linguaxe de programación determinado, si se fai necesario empregar unha linguaxe concreta na realización das actividades prácticas, converténdose a aprendizaxe desta linguaxe nun obxectivo secundario da materia.