Lección maxistral |
No ámbito da acción tutorial, o alumnado terá á súa disposición horas de titorías nas que pode consultar calquera dúbida relacionada cos contidos, organización e planificación da materia, etc.
Nas titorías personalizadas, cada alumno de maneira individual poderá comentar co profesor calquera problema que lle estea impedindo realizar un seguimento axeitado da materia, co fin de atopar entre ambos algún tipo de solución. |
|
Prácticas de laboratorio |
Nas sesións destinadas á realización de prácticas de laboratorio, o profesor atenderá de
forma personalizada as dúbidas expostas polos alumnos. |
|
Traballo tutelado |
No desenvolvemento do curso de reforzo o alumnado terá á súa disposición horas de titorías nas que pode consultar calquera dúbida relacionada coa materia.
Os profesores da materia atenderán persoalmente as dúbidas e consultas dos alumnos no horario que se publicará na web do centro, así como por medio do correo electrónico ou por medio de outros medios telemáticos (uso do despacho virtual mediante cita previa, videoconferencia, uso de foros de Moovi, etc.) |
|