Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Matemáticas: Álxebra e estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Bloque de Álxebra. Realizaranse dous exames parciais dos Temas 1 e 2 (30%). Prioba práctica de Álxebra con Matlab (15%). Actividades complementarias de entrega de exercicios de Álxebra (15%)

Bloque de Estatística. Realizaranse dous exames parciais dos Temas 1 e 2 (30%). Proba práctica de Estatística con Excel (15%). Actividades complementarias de entrega de exercicios de Estatística (15%)
60 B3
C1
D2
D5
D6
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame final de avaliación continua conxunto da parte de Álxebra e da parte de Estatística. O exame final de avaliación continua será obrigatorio e puntuado sobre 10 puntos. 40 B3
C1
D2
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O cálculo da nota de cada un dos apartados anteriores obterase
realizando unha media ponderada entre a nota do Bloque de Álxebra (60%) e
o Bloque de Estatística (40%).


No caso de que un alumno non alcance un 4.0 nalgún dos bloques (Álxebra e
Estatística) do exame final de avaliación continua ou non asista a
algún dos puntuables descritos na sección de avaliación, deberá
presentarse ao exame ordinario para superar a materia.



Tanto no exame ordinario como no extraordinario (exame de xullo)
avaliaranse todas as competencias da materia.

Para superar a materia, é necesario alcanzar un 5 en cada un dos Bloques
(Álxebra e Estatística) por separado, sendo 4.5 a nota máxima dun
alumno que teña un bloque suspenso.

COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadasa utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000