Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Matemáticas: Cálculo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase dous exames parciais, o primeiro dos temas 1, 2 e 3 e o segundo do tema 4. Cada un dos exames é un 15% da nota de avaliación continua. 30 B3
B4
C1
D2
D9
D16
Práctica de laboratorio Realizarase unha práctica puntuable sobre os contidos impartidos nas clases con computador. O peso na avaliación continua será do 15%. 15 B3
B4
C1
D2
D6
D9
Traballo Proporase a entrega de determinados exercicios ao longo do cuadrimestre. O peso na avaliación continua será do 15%. 15 B3
B4
C1
D2
D6
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame final de todos os contidos da materia. O peso na avaliación continua será dun 40%. 40 B3
B4
C1
D1
D2
D14
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, no caso de que a nota final da avaliación continua sexa inferior a 5 (NEC menor que 5). Adicionalmente, deberá presentarse ao exame ordinario, nos seguintes supostos:

  • A non realización ou entrega dalgún dos puntuables anteriores.

  • Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua.

Nos casos anteriores, a nota final de avaliación continua será: mín{NEC, 4}.

En calquera caso, o alumnado que supere a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota.

A avaliación do alumnado en segunda e sucesivas convocatorias consistirá nun exame sobre os contidos da materia que suporá o 100% da nota.

COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo , así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000