BLOQUE 1 (B1): QUÍMICA ELEMENTAL (8 horas) |
B1-1. TEORÍA ATÓMICA E ESTRUTURA DA MATERIA (3 horas)
Introdución á estrutura atómica.
Periodicidade das estruturas.
Características do átomo: Número atómico e masa atómica. Isótopos.
Períodos e grupos. A clasificación de Mendeléev.
Periodicidade das propiedades: Volume atómico, enerxía de ionización, afinidade electrónica e electronegatividade.
Química nuclear.
B1-2. ENLACE QUÍMICO (3 horas)
Introdución ao enlace químico.
Enlace covalente: Notación de Lewis.
Teoría do enlace de valencia.
Enlace iónico.
O enlace metálico.
B1-3. ESTADOS DE AGREGACIÓN (2 horas)
Estado gaseoso: Gases ideais, Gases reais.
Forzas intermoleculares.
Estado líquido: Características dos líquidos. Tensión superficial e viscosidade.
Cambios de estado: fusión, evaporación e sublimación.
Disolucións: mecanismo, clasificación e propiedades coligativas.
Solubilidade de gases en líquidos. Mesturas coloidais.
Estado sólido: puntos de fusión, diagramas de fases. Propiedades dos sólidos. |
BLOQUE 2 (B2): REACCIÓNS E PROCESOS QUÍMICOS (18 horas) |
B2-1. REACCIÓNS QUÍMICAS (I) (12 horas)
Aspectos estequiométricos.
Aspectos enerxéticos: termoquímica.
Aspectos cinéticos.
Introdución ao equilibrio químico.
Reaccións acedo-base e pH
Equilibrio de solubilidade.
B2-2. REACCIÓNS QUÍMICAS (II) (6 horas)
Reaccións redox.
Electroquímica aplicada: Pilas e potencial.
Corrosión e tratamento de superficies.
Sensores electroquímicos |
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (14 horas)
Inclúese neste epígrafe a realización dun proxecto. |
PL1. EQUILIBRIO QUÍMICO: PRINCIPIO DE LE CHATELIER
Estudaranse dúas reaccións reversibles que presentan como vantaxe a gran facilidade con que se detecta a presenza de reactivos e de produtos, motivada por cambios de cor ou pola aparición dun precipitado.
PL2. VOLUMETRÍA ACEDO-BASE: CURVA DE VALORACIÓN
As volumetrías acedo-base son de gran utilidade para determinar, con exactitude, a concentración dunha disolución aceda/básica por adición dunha base ou dun ácido de concentración coñecida. Concretamente realizarase a valoración dunha base forte cun ácido forte, para a cal se irán engadindo diferentes cantidades de ácido e medindo o pH da disolución resultante. Desta forma obterase a correspondente curva de valoración e extraeranse as conclusións pertinentes.
PL3. REDOX E PROCESOS ELECTROQUÍMICOS: ELECTROLISE
Coa finalidade de que o alumnado se familiarice cos cambios químicos inducidos pola corrente eléctrica e coas relacións cuantitativas implicadas, este realizará as seguintes experiencias: Electrolise do CuSO4(ac) e electrolise do NaCl (ac).
PROXECTO
Dedicaranse catro sesións de laboratorio ao proxecto, coa seguinte distribución estimada:
P1. Presentación do proxecto: Proposta de sistemas de tratamento para as augas de lastre
P2-3 Fase experimental. Elaboración do informe.
P4 Presentación dos resultados. |