Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Química: Química
   Contidos
Tema Subtema
BLOQUE 1 (B1): QUÍMICA ELEMENTAL (8 horas) B1-1. TEORÍA ATÓMICA E ESTRUTURA DA MATERIA (3 horas)

Introdución á estrutura atómica.
Periodicidade das estruturas.
Características do átomo: Número atómico e masa atómica. Isótopos.
Períodos e grupos. A clasificación de Mendeléev.
Periodicidade das propiedades: Volume atómico, enerxía de ionización, afinidade electrónica e electronegatividade.
Química nuclear.

B1-2. ENLACE QUÍMICO (3 horas)

Introdución ao enlace químico.
Enlace covalente: Notación de Lewis.
Teoría do enlace de valencia.
Enlace iónico.
O enlace metálico.

B1-3. ESTADOS DE AGREGACIÓN (2 horas)

Estado gaseoso: Gases ideais, Gases reais.
Forzas intermoleculares.
Estado líquido: Características dos líquidos. Tensión superficial e viscosidade.
Cambios de estado: fusión, evaporación e sublimación.
Disolucións: mecanismo, clasificación e propiedades coligativas.
Solubilidade de gases en líquidos. Mesturas coloidais.
Estado sólido: puntos de fusión, diagramas de fases. Propiedades dos sólidos.
BLOQUE 2 (B2): REACCIÓNS E PROCESOS QUÍMICOS (18 horas) B2-1. REACCIÓNS QUÍMICAS (I) (12 horas)

Aspectos estequiométricos.
Aspectos enerxéticos: termoquímica.
Aspectos cinéticos.
Introdución ao equilibrio químico.
Reaccións acedo-base e pH
Equilibrio de solubilidade.

B2-2. REACCIÓNS QUÍMICAS (II) (6 horas)

Reaccións redox.
Electroquímica aplicada: Pilas e potencial.
Corrosión e tratamento de superficies.
Sensores electroquímicos
BLOQUE 3 (B3): INTRODUCIÓN Á QUÍMICA INDUSTRIAL (2 horas) B3-1. INTRODUCIÓN Á ENXEÑARÍA QUÍMICA (1 hora)

Conceptos básicos de Enxeñaría química.
Instrumentación e análise en Enxeñaría Química

B3-2. INDUSTRIA QUÍMICA. QUÍMICA INORGÁNICA E QUÍMICA ORGÁNICA (1 hora)

Principios Básicos de Química Orgánica e Inorgánica.
Petróleo e derivados: Petroquímica
O Carbón: Carboquímica
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (14 horas)

Inclúese neste epígrafe a realización dun proxecto.
PL1. EQUILIBRIO QUÍMICO: PRINCIPIO DE LE CHATELIER

Estudaranse dúas reaccións reversibles que presentan como vantaxe a gran facilidade con que se detecta a presenza de reactivos e de produtos, motivada por cambios de cor ou pola aparición dun precipitado.

PL2. VOLUMETRÍA ACEDO-BASE: CURVA DE VALORACIÓN

As volumetrías acedo-base son de gran utilidade para determinar, con exactitude, a concentración dunha disolución aceda/básica por adición dunha base ou dun ácido de concentración coñecida. Concretamente realizarase a valoración dunha base forte cun ácido forte, para a cal se irán engadindo diferentes cantidades de ácido e medindo o pH da disolución resultante. Desta forma obterase a correspondente curva de valoración e extraeranse as conclusións pertinentes.

PL3. REDOX E PROCESOS ELECTROQUÍMICOS: ELECTROLISE

Coa finalidade de que o alumnado se familiarice cos cambios químicos inducidos pola corrente eléctrica e coas relacións cuantitativas implicadas, este realizará as seguintes experiencias: Electrolise do CuSO4(ac) e electrolise do NaCl (ac).

PROXECTO
Dedicaranse cinco sesións de laboratorio ao proxecto, coa seguinte distribución estimada:

P1. Presentación do proxecto: Proposta de sistemas de tratamento para as augas de lastre
P2-3 Fase experimental
P4 Elaboración do informe
P5 Presentación dos resultados.
ACTIVIDADES DE SEMINARIO (1 hora cada un).
A planificación dos seminarios farase corresponder co desenvolvemento da teoría e as clases de laboratorio.
S1 Teoría atómica e enlaces
S2. Estados de agregación
S3. Termoquímica
S4. Equilibrio químico
S5. Acedo-base
S6. Solubilidade
S7. Redox
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000