Presentación |
Informe do tribunal do TFG (tras a defensa do mesmo)
Avaliación da presentación e defensa |
75 |
|
B1 B2 B3 B4 B10 B12
|
|
D4 D12
|
Nomearase, polo menos, un tribunal formado por tres profesores para cada un dos seguintes ámbitos: MAT (Matemáticas), MEC (Mecánica), ELE (Electricidade, Electrotecnia e Automática), QUI (Tecnoloxía Química e Ambiental), TEL (Telecomunicacións), OI (Organización industrial). A avaliación realizarase conforme á normativa para a realización do Traballo de Fin de Grao así como á rúbrica de avaliación, ambas as aprobadas pola Xunta de Centro, cuxos contidos actualizados se poden consultar na web do CUD-ENM, no apartado dedicado ao TFG (Sección Estudos ->Grao en Enxeñaría Mecánica ->Alumnado->Traballos Fin de Grao). COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento
ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo
42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da
docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo,
así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de
xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia
nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das
Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en
probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de
cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia
do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen
prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan
producirse. |