A materia Fundamentos de Sistemas e Tecnoloxías de Fabricación céntrase no estudo e a aplicación de coñecementos científicos e técnicos relacionados cos procesos de fabricación de compoñentes e conxuntos cuxa finalidade funcional é mecánica, así como a avaliación da súa precisión dimensional e a dos produtos a obter, cunha calidade determinada. Todo iso incluíndo desde as fases de preparación até as de utilización dos instrumentos, as ferramentas, utillaxes, equipos, máquinas ferramenta e sistemas necesarios para a súa realización, de acordo ás normas e especificacións establecidas, e aplicando criterios de optimización.