Prácticas de laboratorio |
Actividade na que se formulan problemas relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Durante os seminarios os alumnos realizarán a preparación das solucións que posteriormente serán simuladas nas clases prácticas de laboratorio. |
Foros de discusión |
Neste apartado valórase a participación e a actitude do alumno durante as sesións de teoría, prácticas e tutorías de seminario. Eventualmente, valoraranse as distintas actividades expostas na plataforma de docencia virtual e a dedicación do alumno a resolver en horas non lectivas os problemas expostos na materia. |