Prácticas de laboratorio |
Prácticas de laboratorio con computadora. As prácticas con computadora son de gran importancia nesta materia. Os simuladores de circuítos facilitan enormemente a compresión dos circuítos. Pola súa banda as prácticas de simulación fluidodinámica CFD permiten visualizar o fluxo tridimensional nas turbomáquinas e o movemento dos órganos desplazadores nas máquinas volumétricas.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma. Nalgunha das sesións prácticas exponse ao alumno a resolución dun problema como actividade de peche da práctica. |
Traballo tutelado |
O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. |
Resolución de problemas |
Resolución de problemas e/ou exercicios. O profesor realiza a resolución dun problema representativo vinculado á teoría. |