Resolución de problemas e/ou exercicios |
PROBAS INTERMEDIAS.
Realizaranse duas probas de curta duración. A realización das probas será obrigatoria e esixible para superar a materia. A temática das probas abarcará os contidos avanzados ata a data. |
30 |
|
B1
|
C19
|
D9 D10 D16
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realizarase unha Proba Final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e desenvolvemento de casos prácticos. Esíxese alcanzar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 posibles para poder superar a materia. |
40 |
|
B1
|
C19
|
D9 D10 D16
|
OBSERVACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN: A avaliación final de alumno atenderá
á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas,
sendo a súa nota de avaliación continua final (NAC): NAC= 0.15 * PROBA INTERMEDIA 1 + 0.15 * PROBA INTERMEDIA 2 + 0.15 * ENTREGABLES PRÁCTICAS + 0.15 * PROBA PRÁCTICAS + 0.40 * PROBA FINAL. Para superar a materia, a nota
final de avaliación continua (NAC) calculada pola fórmula anterior deberá ser
polo menos 5 puntos sobre 10. Ademáis, esixiranse uns requisitos mínimos e
condicións nalgúns dos apartados, que garantan o equilibrio entre
todos os tipos de competencias. A pesar de obter unha NAC de polo
menos 5 puntos sobre 10, o alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos
os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, nos
seguintes supostos: - Non realizar
algunha das probas intermedias ou a non asistencia a máis dunha
sesión de prácticas; - Obter
unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 na proba final de avaliación
continua (PF).
En calquera destes dous
supostos, a cualificación da avaliación continua será o mínimo da nota
de avaliación continua calculada coa fórmula anterior e 4 puntos. En calquera caso, o alumno que superase
a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame
ordinario para subir nota. Tanto no exame ordinario
como no extraordinario, avaliaranse tódalas
competencias da materia. Por iso, os exames ordinario e extraordinario incluirán unha proba
práctica de programación no laboratorio.
COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.
|