Lección maxistral |
Cada unidade temática teórica será presentada polo profesor, expondo exemplos para unha mellor comprensión dos contidos. Mediante a formulación de cuestións sobre os contidos teóricos e exemplos fomentarase a participación activa do alumnado. Utilizaranse presentacións ofimáticas e a lousa para transmitir información como definicións, gráficos, fotografías, etc. Na medida do posible, proporcionarase copia das transparencias aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos. As reproducións en papel das transparencias nunca deben ser consideradas como substitutos de apuntamentos tomados en clase ou dos textos suxeridos na bibliografía, senón como material complementario. |
Resolución de problemas |
Actividades nas que se formulan problemas relacionados coa Enxeñaría Gráfica. O alumno deberá desenvolver solucións adecuadas ou correctas mediante a práctica de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedimentos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Esta metodoloxía constitúe un complemento da lección maxistral. |
Aprendizaxe colaborativa |
Realización de actividades que requiren da participación activa e da colaboración entre os estudantes. |
Seminario |
Realización de actividades de reforzo á aprendizaxe mediante a resolución tutelada de maneira grupal de supostos prácticos vinculados aos contidos teóricos e prácticos da materia.
Aqueles exercicios de clases de laboratorio que o alumno non puidese finalizar, tratará de facelo
nas súas horas de estudo e se ten algunha dificultade ou dúbida poderase resolver nestas clases de seminarios grupales. |