Guia docente 2024_25
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Para poder defender o TFG cómpre ter aprobadas todas as materias do Grao (agás a materia TFG). O Tribunal colexiado ou o unipersoal avaliará o 100% do TFG e a súa defensa. Ao respecto, débese cumprir o disposto no Regulamento TFG GDGP vixente. O TFG debe ser orixinal e está prohibido o plaxio. Deberase citar debidamente, e ter respecto á propiedade intelectual doutros/as autores/as. O Tribunal poderá empregar medios para verificalo, tales como un programa antiplaxio. No caso de cometer falta de orixinalidade e/ou praxio, o Tribunal poderá asigna-la nota de 0 (suspenso), e terá o deber de comunicalo ós órganos competentes para que, se é o caso, adopten as medidas sancionadoras que consideren necesarias. O TFG debe ser respectuoso cos dereitos establecidos na Constitución española vixente, e é preciso facer un uso inclusivo da lingua (perspectiva de xénero e respecto á diversidade sexual). Sobre cada convocatoria, débese ter en conta as indicacións da Coordinación do TFG. 100 A1
A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B10
D1
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A
presentación do traballo fin de grao será sempre pública, e de acordo co
Regulamento de TFG da Facultade de Dirección e Xestión Pública. Poderase
presentar de forma virtual ou presencial e utilizando a modalidade de tribunal
colexiado ou tribunal unipersoal. Para estas cuestións de procedemento,
seguirase en todo momento o expresado no Regulamento para a Elaboración de
Traballos de Final de Grao da Facultade de Dirección e Xestión Pública na súa
versión vixente. Sobre cada convocatoria, débese ter en conta as indicacións da
Coordinación do TFG.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000