1.- Segundo o establecido no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado (aprobado polo Claustro da Universidade de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de non beneficiarse do sistema de avaliación continua segundo o procedemento e na data que establezan os órganos competentes do Centro. No caso de que o Centro non determine unha data concreta, indicarao o profesorado o primeiro día de clase. 2.- O alumno/a que acepte o sistema de avaliación continua será avaliado segundo os seguintes criterios: 1) exposición dun traballo, que se realizará a metade do cuadrimestre (30%), 2) Proba teórico-práctica ao final do cuadrimestre (30%), 3) Asistencia regular, participación activa nas clases e actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (40%). Para os efectos de poder realizar esta última avaliación, controlarase a asistencia a clase e a participación activa. 3.- Alumnado de avaliación global: a súa cualificación estará constituída polo 100% da nota obtida na proba escrita final, que será diferente da que cursen os alumnos de avaliación continua. No exame de avaliación global avaliaranse todas as competencias. 4.- O exame final de primeira e segunda oportunidade realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para o efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2024/2025. AVISO ESPECÍFICO PARA O ALUMNADO QUE ASISTA Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA: No exame de Fin de Carreira, a nota final estará composta polo 100% da nota obtida na proba escrita. O exame de Fin de Carreira realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para o efecto pola Xunta de Facultade. |