Guia docente 2024_25
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Dereito orzamentario
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial de respostas curtas realizadas polo alumnado de
avaliación continua, que consta de dúas partes: unha práctica (na que
se resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica (na que se
formularán distintas preguntas sobre o temario da materia)
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B6
C5
C8
C9
D1
D2
D5
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba parcial que consta de dúas partes: unha práctica (na que se
resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica (na que se
formularán distintas preguntas sobre o temario da materia)
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B6
C5
C8
C9
D1
D2
D5
D6
Observación sistemática O profesorado, a través das diferentes actividades que propoña ao
alumnado que se someta a avaliación continua (casos prácticos,
exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, ApS, tarefa
colaborativa na aula, etc.), valorará a participación activa e calidade
das intervencións deste tanto nas clases maxistrais como, sobre todo,
nas clases prácticas. A participación activa e de calidade do alumnado
que se somete a avaliación continua representará o 20% da súa
cualificación final. Tamén se terá en conta a participación dos
estudantes nas actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro
e Tributario.
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B6
C5
C8
C9
D1
D2
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame.

Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.

1.- Segundo se establece no Regulamento de Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (aprobado polo Claustro da Universidade de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua conforme ao procedemento e na data establecidos polos órganos competentes do Centro. No caso de que o Centro non determine unha data concreta, indicarao o profesorado o primeiro día de clase.

2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado conforme aos seguintes criterios: 1º) Primeira proba parcial, que se realizará a metade do cuadrimestre (40%), 2º) Segunda proba parcial, que se realizará ao final do cuadrimestre (40%), 3º (Asistencia regular, participación activa na clase e actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (20%). Aos efectos de poder realizar esta última avaliación controlarase a asistencia a clase.

As dúas probas parciales  son obrigatorias, incluirán preguntas teóricas e prácticas, e realizaranse en período lectivo, empregando a plataforma de teledocencia Moovi e o Campus Remoto. A parte práctica de cada unha das dúas probas suporá un 20%, mentres que a parte teórica de cada unha das dúas probas suporá un 80% da calificación. Cada unha destas dúas probas parciais é liberatoria sempre que o/a alumno/a acade unha cualificación mínima de 5 sobre 10, de maneira que tendo superadas ambas probas non estará obrigado/a a realizar o exame ou proba final, como requisito para superar a materia. Se só supera unha das dúas probas, a nota obtida mantense tanto na primeira como na segunda oportunidade. O alumno/a deberá presentarse ao exame da materia non superada.

3.- Os/as alumnos/as de avaliación global: a súa cualificación estará integrada polo 60% da cualificación obtida no exame

teórico e o 40% da cualificación obtida no exame práctico, realizados a través da plataforma de teledocencia Moovi e o Campus Remoto, sendo ambos diferentes aos que realicen os alumnos/as de avaliación continua, no que se avaliarán todas as competencias.

4.- A proba final de avaliación realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2024/2025.

A nota do exame final será a suma das notas obtidas segundo os criterios e porcentaxes anteriormente establecidos:

-Os alumnos/as que sigan a avaliación continua terán que superar as probas parciais cunha nota mínima de 5 sobre 10, e en caso contrario deberán examinarse na primeira ou segunda oportunidade da materia non superada, e na/s parte/s non superada/s. Deberá acadarse a nota mínima de 5 sobre 10. Á nota ponderada de ambas as probas sumarase a cualificación obtida pola asistencia, participación na clase e nas actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario. 

De non superar as dúas probas parciais coa nota mínima de 5 sobre 10, a materia entenderase non superada e a acta reflectirá unicamente a cualificación obtida pola asistencia, a participación activa nas clases e as actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro e Tributario.

Así mesmo, o alumnado que superase as dúas probas parciais de avaliación continua realizadas durante o cuadrimestre poderá presentarse aos exames de primeira e segunda oportunidade para elevar a súa nota.

-Alumnado con avaliación global: a súa cualificación estará composta polo 100% do exame final, sendo diferente á realizada polo alumnado de avaliación continua.

ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA OS/AS ALUMNOS/AS QUE CONCURRAN Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

No exame de Fin de Carreira a nota final estará integrada polo 60% da cualificación obtida no exame teórico e o 40% da cualificación obtida no exame práctico.

O exame de Fin de Carreira realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade.

INFORMACIÓN ADICIONAL

1. A información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta "Avaliación" de cada tema.

2. O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e cuxo contido será colgado da plataforma.

3. Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do 30 de setembro.

A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na asignatura. A base de lexitimación para o tratamento deste dato realizase en aplicación do disposto no artigo 6.1.e) do RXPD no que o tratmento é necesario pra o exercicio dos poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 25.7 do RD 1971/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á imaxe e aos datos do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000