A asignatura Dereito Orzamentario pertence á área do Dereito Financeiro e Tributario, e é unha continuación
das asignaturas Dereito Financeiro e Tributario I e Dereito Financeiro e tributario II. Se estas últimas materias se encargaban da parte do ingreso, o Dereito orzamentario poñerá o acento na parte do gasto público.
Preténdese ofrecer ao alumnado unha visión, o máis completa posible, da disciplina xurídica dos procedementos a través dos cales se desenvolve a actividade financeira pública. É dicír, trátase de abordar, dende unha perspectiva xurídica, o estudo da normativa reguladora da actividade consistente na realización do gasto público, e en especial todo o referido ao orzamento, dende a súa aprobación ata a súa execución, modificación e control.