ELECCIÓN MODALIDADE AVALIACIÓN O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua, ou alternativamente optar por avaliación global. A avaliación por defecto é a avaliación continua. O alumnado poderá elixir a avaliación global segundo o procedemento e o prazo establecidos polo centro. A elección de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de avaliación continua que resten e á calificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.
AVALIACIÓN CONTINUA É o sistema de avaliación que se aplica ao alumnado en caso de non renunciar expresamente á avaliación continua. Realizaranse ao longo do curso as seguintes probas: - Exame de preguntas obxectivas (35%). Realizaranse dúas probas tipo test na plataforma Moovi segundo os prazos establecidos no cronograma da materia.
- Exame de preguntas de desenvolvemento 1 (30%). Realizarase un exame teórico-práctico a metade de cuadrimestre na plataforma Moovi. Farase no horario de clases. A data comunicarase a través de Moovi.
- Autoavaliación (5%): Son distintas actividades de autoavaliación programadas na plataforma Moovi para cada un dos temas da materia.
- Exame de preguntas de desenvolvemento 2 (30%): Realizarase un exame teórico-práctico o mesmo día que a data oficial de avaliación global da primeira oportunidade. Farase na plataforma Moovi.
2ª oportunidadeA forma de avaliación na segunda convocatoria é a mesma que na primeira, non puidendo cambiar de modalidade de avaliación. Neste caso, o alumnado terá a oportunidade de recuperar aquelas probas que non superase na primeira convocatoria (cualificación inferior a 5) así como aquelas que non realizase. Para o resto das probas conservarase a nota obtida na primeira convocatoria. - As actividades de autoavaliación realizaranse na plataforma Moovi, con data límite o mesmo día que a data oficial de avaliación global da segunda oportunidade.
- O resto de probas realizaranse o mesmo día que a data oficial de avaliación global da segunda oportunidade.
Cálculo da nota finalA nota final que constará en actas calcularase tendo en conta o seguinte: - No caso de que a suma das cualificacións dos exames de preguntas de desenvolvemento 1 e 2 sexa inferior a 4 sobre 10, a cualificación final será o resultado da suma destes dous exames.
- No caso de que a suma das cualificacións dos exames de preguntas de desenvolvemento 1 e 2 sexa igual ou superior a 4 sobre 10, a cualificación final será o resultado de suma as cualificacións obtidas nos exames de preguntas de desenvolvemento 1 e 2, a autoavaliación e o exame de preguntas obxectivas.
AVALIACIÓN GLOBAL En caso de renuncia expresa á avaliación continua o alumnado será avaliado mediante dúas probas (exame de preguntas obxectivas e exame de preguntas de desenvolvemento) que serán o 100% da cualificación da materia. Estas probas escritas realizaranse na plataforma Moovi. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 3 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade http://webfdxp.webs.uvigo.es/gl/docencia/exames/ Cálculo da nota finalA nota final que constará en actas calcularase tendo en conta o seguinte: - En caso a cualificación do exame de preguntas de desenvolvemento se inferior a 4 sobre 10, a cualificación final será o resultado deste exame.
- No caso de que a cualificación do exame de preguntas de desenvolvemento sexa igual ou superior a 4 sobre 10, a cualificación final será o resultado de suma das cualificacións obtidas no exame de preguntas de desenvolvemento e no exame de preguntas obxectivas.
NON PRESENTADO. Os estudantes que non participen na avaliación continua nin na avaliación global, figurarán nas actas como "non presentados".
SEGUINTES CURSOS. Se a materia non é superada no curso 2023-24, o alumno ou alumna deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.
RECOMENDACIÓNS A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565 |