Educational guide 2024_25
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política: Gobernanza, globalización e dereitos humanos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral PROBAS TIPO TEST sobre os contidos das clases teóricas da lección maxistral, para avaliar as competencias adquiridas do alumnado que inclúe 20 preguntas pechadas con catro opcións de resposta: a)b)c)d), das cal unha única resposta é a correcta ou incorrecta. Deberase obter polo menos unha puntuación favorable do 40% do total desta proba para superar a disciplina. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C2
C3
C12
C15
D1
D2
D3
D4
D5
Resolución de problemas Resolución de casos prácticos (PRÁCTICAS). O alumnado terá á súa disposición a asistencia da docente para facilitar o desenvolvemento desta actividade. Análise, reflexión e exposición de cuestións que teñan que ver coas principais problemáticas suscitadas nas clases teóricas realizadas a través da lección maxistral. O alumnado terá á súa disposición a asistencia en clase da docente para facilitar o desempeño desta actividade. Algunhas destas prácticas poderanse realizar a través do sistema de "elaboración de traballos a través do sistema de Aprendizaxe Basada en Proxectos" (ABP) encomendados polo profesorado sobre temas relacionados coa materia e orientados a mellorar a comprensión dos contidos e competencias relacionadas coa cooperación, liderado, comunicación e fortalecemento das relacións persoais. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C2
C3
C12
C15
D1
D2
D3
D4
D5
Estudo de casos Estudo, análise, reflexión e exposición de casos e traballo tutelado sobre as cuestións tratadas na materia. O profesorado asistirá ao alumnado naquelas cuestións e dúbidas formuladas (en clase e a través de titoría personalizada) para a súa elaboración. A realización e avaliación desta proba pódese realizar a través da metodoloxía de ApS (de acordo cos liñamentos aprobados pola Área de Responsabilidade Social e cooperación) e/ou a través de ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos -proxecto de innovación docente da Facultade-). Toda a información sobre esta forma de supera-los estudios de casos estará dispoñible con claridade para o alumnado. A elección entre realiza-los estudios de casos a través de traballos, ou realizalos polas metodoloxías de (ApS e/ou Proxecto de Innovación ABP) será voluntaria por parte do alumnado, os que serán debidamente informados desde o inicio da docencia da disciplina sobre ámbalas modalidades, a súa realización e avaliación. A docente tamén publicará esta información detallada no espazo reservado para a disciplina en Moovi. ApS é unha APRENDIZAXE EXPERIENCIAL (conectando con varios grupos a través dunha ou varias entidades públicas), preparando os estudantes para a cidadanía global e a responsabilidade social nun mundo interconectado, "glocal", especialmente en TEMAS ALIÑADOS COS ODS DA AXENDA 2030: protección do patrimonio cultural ; igualdade e non-discriminación; protección do ambiente; seguridade alimentaria (prácticas agrícolas sustenbles e resilientes e diversidade xenética); a economía circular; desperdicio mundial de alimentos; problemas enerxéticos e renovables; as novas tecnoloxías e a afección ós dereitos fundamentais; valores UE. O PROXECTO DE INNOVACIÓN DOCENTE (ABP) tamén estará aliñado a estas temáticas da disciplina. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C2
C3
C12
C15
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A información sobre
as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da materia no campus
virtual, baixo a etiqueta Avaliación de cada tema.

É condición
indispensable para a realización da avaliación final da materia, a obtención do
polo menos 0,5% en cada un dos puntos (Probas tipo test, Prácticas e Estudios
de casos).

Como se expresou en
apartados anteriores, ao longo do curso realizaranse 3 probas cunha ponderación
ou valor das Probas = Probas Tipo Test (40%) + Prácticas (Resolución de
Problemas) (30%) + Estudio de casos (30%). Na convocatoria
ordinaria e na convocatoria extraordinaria, abrirase un decreto para que o
alumnado se poida someter a estas probas a través de avaliación continua, logo
da data oficial pola Facultade establecida para o "exame final".
Desta maneira existe a posibilidade de realizar a avaliación (continua e/ou
avaliación global) na convocatoria ordinaria e na convocatoria extraordinaria.

Na convocatoria
extraordinaria (xuño/xullo) aplicaranse os mesmos criterios sinalados para a
convocatoria ordinaria ou primeira convocatoria, excepto no relativo ás
metodoloxías ABP, ApS e Proxecto de innovación da Facultade, as cal se deberán
realizar na 1ª convocatoria ou convocatoria ordinaria (de setembro a decembro).
O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda
convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e
cuxo contido será colgado da plataforma.

Esta é unha Materia
do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán
solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o
seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e
avaliacións en inglés. Descrición do programa English Friendly: As materias
English Friendly son materias de graos e mestrados oficiais da Universidade de
Vigo que se imparten en castelán/galego, pero nas que o profesorado adquire os
seguintes compromisos: Indicar o carácter English Friendly da materia na guía
docente, segundo o procedemento indicado pola Vicerreitoría; Traducir a guía
docente da materia ao inglés durante o período de edición das guías docentes,
prestando especial atención a descrición xeral, contidos e avaliación;
Facilitar os materiais e as referencias bibliográficas para o seguimento da
materia en inglés, no caso de que así o precisase o estudantado internacional;
Atender as titorías en inglés, se así o precisase o estudantado internacional;
Deseñar e implementar as probas e as avaliacións en inglés, se así o precisase
o/a estudante internacional; Sempre que sexa posible, as presentacións PPT ou
noutro formato, subiranse ao espazo MOOVI en dúas versións (inglés e
español/galego); As prácticas/exercicios/casos de estudo ofreceranse tanto en
inglés coma en español/galego, sempre que sexa posible.

Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o
profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado
que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de
setembro. (*) A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado
da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma. A
base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en aplicación do
disposto no artigo 6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o
exercicio dos poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados
no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo
común das administracións públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, de 30 de
decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á
imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada
materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía
docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade,
debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000