1. Recoñecer as desigualdades de xénero e o androcentrismo existentes nas organizacións.
2. Detectar como actúan os estereotipos de xénero que favorecen a persistencia da discriminación en contextos de suposta meritocracia.
3. Recoñecer as dificultades e barreiras específicas que se derivan do xénero nas organizacións e o papel das identidades de xénero.
4. Cuestionar as supostas capacidades diferenciais e xerárquicas de homes e mulleres no contexto sociolaboral.
5. Valorar as distintas estratexias empregadas para acadar a igualdade.
6. Propoñer as accións necesarias para promover a igualdade nas distintas organizacións e o empoderamento da muller.
7. Xustificar e valorar o desenvolvemento das accións e medidas levadas a cabo nunha organización para o deseño e promoción da igualdade.
8. Mostrar a incorporación dos valores de equidade e xustiza social mediante a participación e o interese nas eleccións dos temas de traballo realizados. |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B6 B7 B8 B9 B10
|
C7 C9 C11 C15 C16
|
D1 D2 D3 D5 D6
|