Educational guide 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Socioloxía de xénero nas organizacións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación dos contidos da materia en aula. Normalmente apoiarase en soporte visual. Estas sesións deberán ser entendidas como foros nos que manifestar as dúbidas sobre os conceptos e teorías que se exporán en cada tema e é necesario realizar unha lectura previa dos textos adscritos a cada un deles para poder debater e realizar unha posterior avaliación.
Instrucción programada Sesións dedicadas exclusivamente a tratar cuestións de índole metodolóxico e procedimental á hora de traballar o proxecto de investigación.
Resolución de problemas de forma autónoma Exercicios que se traballarán en clase e na plataforma MOOVI pero que esixirán unha preparación previa para fundamentar as solucións a cada problemática de análise
Estudo de casos Coñecemento de situacións directas ou indirectas paradigmáticas dos temas a tratar na materia
Debate Intercambio de ideas razoadas en torno á análise das desigualdades por razón de sexo nas nosas sociedades.
Estudo previo Investigación documental necesaria para abordar os exercicios e casos que se exporán en aula
Traballo tutelado Conxunto de tarefas preparatorias para a execución da proposta de investigación de xénero e que formará parte do deseño do proxecto.
Foros de discusión Espazo de conversación presencial e online no que poder manifestar converxencias e diverxencias de opinións e valoracións sobre os contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000