Estratexias de cooperación ao desenvolvemento sostible
Código
P07G092V01410
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OP
4
2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Mahou Lago, Xosé María
López Mira, Álvaro Xosé
Correo-e
Profesorado
Web
Descrición xeral
A cooperación ao desenvolvemento tense convertido nos últimos anos nun asunto relevante dentro das axendas tanto dos gobernos como das empresas privadas. Ademais, a aprobación da Axenda 2030 da ONU en 2015, que debe ser implementada polos Estados, dálle un forte pulo á cooperación como un elemento cardinal para acadar un planeta sostible dende o punto vista social, económico e medioambiental.
Máis alo da axuda económica, a política de cooperación debe ser formulada dende unha óptica holística onde teña cabida a colaboración cos principais actores, fundamentalmente aqueles que viven e operan nos países beneficiarios, e teña en conta a variedade de ámbitos de intervención.
Nesta materia intentaremos:
-Comprender os fundamentos teórico-conceptuais da cooperación ao desenvolvemento.
-Coñecer os ámbitos de traballo da cooperación.
-Identificar os principais actores públicos e privados.
-Achegarse ás políticas e plans de cooperación das distintas administracións territoriais do Estado