Guia docente 2024_25
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Administración tributaria electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba final de respostas curtas realizadas polo alumnado de
avaliación continua sobre o temario da materia
30 A2
A3
A4
B1
B5
C5
C8
D2
Observación sistemática O profesorado, a través das diferentes actividades que propoña ao
alumnado que se someta a avaliación continua (casos prácticos,
exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, ApS, tarefa
colaborativa na aula, etc.), valorará a participación activa e calidade
das intervencións deste tanto nas clases maxistrais como, sobre todo,
nas clases prácticas. amén se terá en conta a participación dos
estudantes nas actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro
e Tributario.
40 A2
A3
A4
B1
B5
C5
C8
D2
Traballo O alumnado deberá elaborar e expoñer diante da clase un traballo sobre un tema asignado ao comezo do cuadrimestre.
A exposición terá lugar aproximadamente a metade do cuadrimestre.
30 A2
A3
A4
B1
B5
C5
C8
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  1.- Segundo o establecido no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado (aprobado polo Claustro da Universidade de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de non beneficiarse do sistema de avaliación continua segundo o procedemento e na data que establezan os órganos competentes do Centro. No caso de que o Centro non determine unha data concreta, indicarao o profesorado o primeiro día de clase.

 2.- O alumno/a que acepte o sistema de avaliación continua será avaliado segundo os seguintes criterios: 1) exposición dun traballo, que se realizará a metade do cuadrimestre (30%), 2) Proba teórico-práctica ao final do cuadrimestre (30%), 3) Asistencia regular, participación activa nas clases e actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (40%). Para os efectos de poder realizar esta última avaliación, controlarase a asistencia a clase e a participación activa.

3.- Alumnado de avaliación global: a súa cualificación estará constituída polo 100% da nota obtida na proba escrita final, que será diferente da que cursen os alumnos de avaliación continua. No exame de avaliación global avaliaranse todas as competencias.

4.- O exame final de primeira e segunda oportunidade realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para o efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2024/2025.

AVISO ESPECÍFICO PARA O ALUMNADO QUE ASISTA Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA:

No exame de Fin de Carreira, a nota final estará composta polo 100% da nota obtida na proba escrita.

O exame de Fin de Carreira realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para o efecto pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000