Ao rematar a materia, o/a estudante será capaz de:
- Manexar programas informáticos e aplicacións específicas para a liquidación e cálculo de impostos.
- Elaborar a documentación necesaria para a súa tramitación e xestión
administrativa en liña de temas específicos da Administración Tributaria.
- Analizar o dereito tributario internacional e europeo, adquirindo unha visión completa do fenómeno xurídico tributario.
- Identificar as principais actuacións en materia de cooperación fiscal, tanto a nivel internacional como dentro da Unión Europea, prestando especial atención aos mecanismos de intercambio de información.
- Avaliar fórmulas de prevención da fraude e da evasión fiscal.
- Resolver problemas que se presenten na aplicación das distintas normas do dereito europeo e internacional.
- Resolver supostos de planificación fiscal internacional coñecendo a estrutura dos convenios de dobre imposición. |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B4 B5 B6 B9
|
C5 C8 C9 C14
|
D1 D2 D3 D4 D5
|