Ao rematar a asignatura, o alumnado será capaz de:
1. Recoñecer o que significa a utilización das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nas administracións públicas.
2. Identificar as ferramentas TIC existentes, podendo diferencialas e aplicalas nos distintos campos da administración pública.
3. Describir o funcionamento das distintas ferramientas TIC no contexto da administración pública.
4. Integrar o uso das ferramentas TIC no seu entorno de traballo, podendo delimitar a xestión a realizar con elas de forma segura e eficiente.
5. Enumerar os distintos contidos que poden proverse coas diferentes ferramentas TIC, facendo fincapé na seguridade e fiabilidade da información.
6. Aplicar as normas vixentes en temas de seguridade, anonimato, transferencia de información e utilización eficiente de recursos TIC.
7. Identificar e resolver problemas reais ou ficticios en relación co uso das ferramentas TIC na administración pública.
8. Empregar os distintos recursos TIC dispoñibles e con perspectivas futuras na administración pública. |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B6
|
C14
|
D1 D2 D4 D5 D6
|