Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral. |
Traballo tutelado |
O/A estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc. |
Debate |
O alumnado, de maneira grupal, traballa sobre unha temática relacionada coa materia, previamente comunicada polo docente, para posteriormente realizar un debate profesional entre dous grupos establecidos polo profesor/a. |
Foros de discusión |
Actividades desenvolvidas nunha contorna virtual na que se debaten temas diversos relacionados co ámbito académico e/ou profesional. |