O alumnado poderá elixir entre unha modalidade de avaliación global ou de avaliación continua (art. 19 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado). O alumnado que opte pola modalidade de avaliación global realizará unha única proba final na data oficial establecida, que suporá o 100% da cualificación da materia. Para considerar superada a materia, o alumnado que opte pola modalidade de Avaliación Continua deberá acadar, como mínimo, o 40% do total da puntuación de cada unha das probas que se realicen. Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria) gardaranse as notas das probas de avaliación continua, sendo o exame similar ao da convocatoria ordinaria, é dicir, tipo test de resposta corta penalizando as erróneas e un exame de preguntas de desenvolvemento. Faranse todas aquelas adaptacións que sexan precisas para atenderás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |