Guia docente 2024_25
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuadrimestre realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios
sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación
obtida en cada test suporá un 20% da nota final. En ningún caso a
superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á
realización do exame final. As datas de celebración de cada
test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia.
40
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame
final. Trátase dunha proba teórica e escritura, que incluirá entre 4 e 7
preguntas de desenvolvemento sobre os distintos epígrafes do
programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de
coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión
intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 40% da nota
final.
40
Observación sistemática Avaliación continua das clases teóricas e prácticas. As actividades
concretas obxecto de avaliación serán especificadas e explicadas polo
docente responsable o primero día da clase.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA COMÚN DECEMBRO/XANEIRO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final).

a) Avaliación continua. Para poder optar por este sistema, o alumnado deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases

teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico-,

se permita xustificar a ausencia.

En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO

TEST-EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE

DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE

UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A

CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.

b) Avaliación final. O estudantado que non se acolla ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun

examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e

representará o 100% da nota final, computanto o 70% a parte teórica e o 30% a parte práctica).

CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2º oportunidade)

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xaneiro, a nota obtida na avaliación continua

desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non

superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumnado tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico que

representará o 100 % da nota final (70% parte teórica e 30% parte práctica).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000