CONVOCATORIA COMÚN DECEMBRO/XANEIRO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final).
a) Avaliación continua. Para poder optar por este sistema, o alumnado deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases
teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico-,
se permita xustificar a ausencia.
En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO
TEST-EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE
DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE
UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A
CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.
b) Avaliación final. O estudantado que non se acolla ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun
examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e
representará o 100% da nota final, computanto o 70% a parte teórica e o 30% a parte práctica).
CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2º oportunidade)
DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade
Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xaneiro, a nota obtida na avaliación continua
desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non
superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumnado tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:
DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade
Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico que
representará o 100 % da nota final (70% parte teórica e 30% parte práctica).