Os sistemas deavaliación estarán divididos en dous grandes grupos ou modalidades:metodoloxías de avaliación continua e metodoloxías de avaliaciónglobal. O estudantado terádereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado dentro de cada materia, por defecto entenderase que se acolle ao sistema de avaliación continua, sen prexuízo da obriga depoñer probas de avaliación global, como alternativa e sempre dentro da mesmaoportunidade de avaliación, a disposición do estudantado que renuncie áavaliación continua. A nota final do curso (para primeira e segunda oportunidade) será a suma da nota obtida nas probas de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 60% sobre o total), e da nota obtida nunha última proba que coincidirá coa data da AG en primeira oportunidade (cunha ponderación do 40% do total). Os exames realizaránse nas datas oficiais de exame para cada oportunidade de avaliación establecida nocalendario académico. En ambos casos oalumnado, tanto en continua como en avaliación global, o alumnado ten dereito a acadar o 100 da puntuación O exame configúrase como unha actividade final da avaliación continua. Como se pode ver na metodoloxía da lección maxistral, valorase a asistencia a clase e a participación activa desde o espíritu crítico e o debate sosegado e cortés cos compañeiros/as. A
información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da
materia no campus virtual, baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema. O
alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda
convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o
docente e cuxo contido será colgado da plataforma. Tamén, como experiencia de innovación docente, no apartado de resolución de problemas ou estudos de casos, poderá desenvolverse unha actividade de innovación docente. Será
requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da
mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada do alumnado que deberán
subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de
setembro*. *A única finalidade do
tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a
identidade do alumnado matriculado na mesma. A base de lexitimación
para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo
6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poderes
públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei
39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións
públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se
aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á imaxe e aos
datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a
realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán
utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o
correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. |