Guia docente 2024_25
Facultad de Dirección y Gestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Xestión de persoas: Organización e funcións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Autoavaliación Actividades de autoavaluación programadas na plataforma Moovi. Non se admite a entrega por ningún outro medio. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B6
C7
D1
D4
D5
D6
Exame de preguntas obxectivas Proba de preguntas curtas e/ou tipo test que se realizará a durante o curso.
A data comunicarase a través de Moovi e realizarase no horario de clase.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B6
C7
D1
D2
D4
D6
Exame de preguntas obxectivas Proba de preguntas curtas e/ou tipo test que se realizará a durante o curso.
A data comunicarase a través de Moovi e realizarase no horario de clase.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B6
C7
D1
D2
D4
D6
Exame de preguntas obxectivas Proba de preguntas curtas e/ou tipo test que se realizará a final de curso.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B6
C7
D1
D2
D4
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ELECCIÓN MODALIDADE AVALIACIÓN 

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua, ou alternativamente optar por Avaliación Global. A avaliación por defecto é a avaliación continua. O alumnado poderá elixir a avaliación global segundo o procedemento e o prazo establecidos polo centro. A elección de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de avaliación continua que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. 


AVALIACIÓN CONTINUA

É o sistema de avaliación que se aplica ao alumnado en caso de non renunciar expresamente á avaliación continua. 

Realizaranse ao longo do curso as seguintes probas:

  • Autoavaliación (10%): Son distintas actividades de autoavaliación programadas na plataforma Moovi para cada un dos temas da materia.
  • Exame de preguntas obxectivas 1 (30%). Realizarase durante o cuadrimestre. Farase no horario de clases. A data comunicarase a través de Moovi.
  • Exame de preguntas obxectivas 2 (30%). Realizarase durante o cuadrimestre. Farase no horario de clases. A data comunicarase a través de Moovi.
  • Exame de preguntas de obxectivas 3 (30%): Realizarase  o mesmo día que a data oficial de avaliación global da primeira oportunidade. 
2ª oportunidade

Na segunda oportunidade de avaliación, haberá un único exame. A cualificación máxima que se pode obter neste exame é de 10 puntos.

Non se terán en conta as cualificacións das actividades de autoavaliación nin das distintas probas realizadas ao longo do curso.

O exame realizarase o mesmo día que a data oficial da avaliación global da segunda oportunidade.


AVALIACIÓN GLOBAL 

En caso de renuncia expresa á avaliación continua o alumnado será avaliado mediante un único exame que será do 100% da cualificación da materia.

As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25.

En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade http://webfdxp.webs.uvigo.es/gl/docencia/exames/ 


NON PRESENTADO

Os estudantes que non participen na avaliación continua nin na avaliación global, figurarán nas actas como "non presentados". 


SEGUINTES CURSOS

Se a materia non é superada no curso 2024-25, o alumno ou alumna deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das calificacións obtidas no presente curso. 


RECOMENDACIÓNS 

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:

 https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565 



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000